Empezamos as actividades do noso proxecto BalaídoSteam. No que cada clase realizará unha proposta práctica relacionada coas súas prácticas de aula empregando materiais do Polo Creativo.
O alumnado de 3 anos está a desenvolver un proxecto do inverno e fixeron co Scratch un xogo de colocar as prendas de abrigo na parte do corpo correspondente. O alumnado grabou locucións tanto en castelán como en galego. Logo coa placa Tecla a tecla, puideron xogar de xeito manipulativo a sendos xogos convertídoos en dous paneis interactivos. Aquí temos os xogos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario